SEguimento de CArnívoros MEdianos – SECAME

Aínda que adoitan pasar desapercibidos, os mamíferos carnívoros son pezas clave na saúde dos ecosistemas galegos. Estes animais exercen un control natural sobre as poboacións de roedores, moitas veces considerados prexudiciais para o ser humano, contribuíndo así a manter o equilibrio ecolóxico.

Para comprender a situación dunha especie, o primeiro paso é coñecer a súa área de distribución: tanto a nivel xeográfico como en relación co tipo de hábitat que ocupa. Esta información resulta esencial para avaliar o estado das súas poboacións e identificar posibles ameazas ou necesidades de conservación.

Desde o ano 2006, lévase a cabo de forma continuada un proxecto de seguimento estacional das poboacións de carnívoros en distintas zonas do concello de Rois. Sen interrupcións desde o seu inicio, esta iniciativa —concibida inicialmente como un estudo de catro anos— continúa a recoller datos valiosos que permiten afondar no coñecemento destas especies.

Área de estudo

Elixiuse a localidade coruñesa de Rois, para realizar este traballo. A estrutura da paisaxe e a típica das comarcas galegas na provincia de A Coruña, presentándose como un mosaico agrosilvopastoral.

Obxectivos

  • Avaliar a situación dos carnívoros medianos nalgunhas localidades de Galicia. Tentando observar si existen variacións estacionais.
  • Avaliar que método de censo de carnívoros e máis efectivo. 
  • Empregar a información obtida para a elaboración de mapas de distribución,  mediante o uso de Sistemas de Información Xeográfica.

Metodoloxía

Unha das causas de que este grupo sexa tan descoñecido, é a dificultade que plantexa o seu estudo, xa que os hábitos nocturnos destes animais xunto co seu carácter esquivo, fan moi difícil a súa detección, a diferenza doutras especies, como as aves ou os grandes herbívoros, a utilización de métodos de censo directos resulta moi custosa e pouco efectiva, polo que débense empregar outros métodos chamados indirectos,xa que non se fundamentan na observación directa das especies.

Para este estudo seleccionamos estes métodos:

Seguimento de indicios en transectos lineais
  • Seleccionar camiños, sendas, pistas,… de 1 km de lonxitude.
  • Seleccionaranse polo menos 3 itinerarios por área de traballo.
    • Buscarase que os grupos estean o máis distribuídos ó longo do territorio.
    • Camiños seleccionados estarán distribuídos polos hábitats máis diversos.
  • 8 visitas anuais, 2 por estación:
    • Na primeira visita de cada estación limparanse tódolos excrementos atopados no itinerario.
    • A segunda visita realizarase entre 7 – 15 días despois da primeira, pero esta vez contaranse tódolos excrementos localizados ó longo do camiño.
  • Cubrirase unha ficha por itinerario de censo:
    • Nome mostrador
    • UTM 5X5
    • Municipio, Paraxe,
    • Data 
    • Coordenada inicio – fin
    • Tipo de camiño
    • Uso de camiño
    • Uso do solo
    • Matricula TECOR/ Tipo de Caza
    • Días dende a limpeza do camiño
    • Días dende a última choiva.

Ó longo do camiño iremos cubrindo a ficha de datos cada 200 m: nº excrementos e pegadas de cada unha das especies detectadas de mamíferos carnívoros;. tamén se tomarán datos sobre a presenza doutros mamíferos, así mesmo apuntarase a presenza/ausencia de gando e o tipo deste. Do mesmo modo, anotaranse os carácteres do hábitat circundante, altitude ademais da largura do camiño. Os transectos que se empregarán serán os mesmos definidos na campaña anterior co fin de poder comparar de forma axeitada as variacións estacionais e anuais nas poboacións dos carnívoros.

Como elemento innovador, durante esta e futuras campañas procederase a empregar un sistema informático de recollida dos datos. Mediante o uso de PDA’s provistas de sistema GPS, ven integrado ou de tipo externo, procederase á toma dos datos mediante o uso do programa CyberTracker desenvolto por Justin Steventon e Louis Liebenberg. Deste modo facilitarase a recollida de datos.

Trampeo fotográfico

Como método complementario ó anteriore e tentando confirmar a presenza de especies dubidosas, instalaranse cámaras fotográficas en zonas de posible paso para estas especies. Estas cámaras están provistas de disparador automático mediante a activación dun sensor de movemento. Nas pasadas campañas empregouse esta metodoloxía de forma paralela á de búsqueda de indicios, téndose observado a necesidade de aumentar o esforzo de mostreo.
Podedes seguir os resultados obtidos mediante fototrampeo clicando neste enlace.